venres, 29 de abril de 2016

POEMA DO VERÁN



POEMA DO VERÁN

 
Xa ven o verán, ir a praia e disfrutar,

tomar xeados de morango, de chocolate

e de varios sabores, e cores.

 
O verán é a mellor estación

porque fai moito calor,

e xogas un montón.

 
No verán pásao ben coa familia

e cos amigos,xogas a moitas
 
cousas, divírteste e entreteste.
Diego Gago e Diego Refojo 5ºB

xoves, 21 de abril de 2016

ENCERRADOS NA BIBLIOTECA




ENCERRADOS NA BIBLIOTECA


Un día Sofía, Carlos, Brea e Uxía foron á biblioteca para acabar un traballo. Xa levaban tempo alí, pero estaban tan concentrados que non se decataron de que...Os habían pechado alí!
-Que vamos facer?-Dixo Brea moi preocupado.
-Non sei...-Dixo Sofía.-Nin sequera sei porque pecharon, non é hora de pechar.
-Pode que cambiaran o horario...-Dixo insegura Uxía.
Mentres os demais discutían, Carlos buscaba probas, non había explicación algunha para pechar a biblioteca.
-Mirade!-Dixo Carlos.-Hai unha nota, parece que é para nos.
-Vou a ler.-Dixo Brea, agora xa estaba lendo.-Para saír da biblioteca, as pistas teredes que encontrar, nos libros que queriades e poidades imaxinar...Aquí vai a primeira; se o podedes encontrar, é moi feo e sabe voar, máis despois guapo será.
-E moi difícil...-Dixo Carlos.-Un conto feo?Será un conto que non teña a portada bonita.
-Non o creo...-Dixo Uxía.-Ten que ser un personaxe dun conto, animal, planta ou persoa.
-Pois....-Dixo Brea.-Non sei.
Agora houbo uns minutos de silencio, pois tiñan que pensar...
-Xa sei!-Dixo Sofía alegre.-Creo que é....o parrulo feo.
-Pode ser.-Dixo Carlos desconfiado.-Imos buscalo!
Os nenos buscaron durante uns minutos o conto do ``Parrulo feo´´, pois  biblioteca era moi grande. Mais tarde o atoparon...Sería ese?
-Xa o atopei!-Dixo Brea entusiasmado.-Vinde!
Os nenos o abriron, e viron un marca páxinas no medio.
-Parece que alguén o estivera lendo.-Dixo Carlos.-Máis non o acabou.
-Parece que este non era o que tiñamos que atopar.-Dixo Uxía decepcionada.
Os nenos xa se estaban indo a buscar outro conto, pois ese era evidente de que non era.
-Esperade!-Dixo unha voz que aínda seguía co conto, era Carlos.-Si que e o conto, hai outra pista!
-A ver,a ver -Dixo Sofía preocupada,pois quería saír de alí.-Bravo se encontrades esta pista, pois difícil era. Máis agora máis difícil será porque retrocede ata moitas eras. É un fanático dos libros é ten un cabalo delgado como un palillo, máis cos muíños e moi agresivo.
Houbo outros minutos de silencio, esta vez máis longos, pois, como dicía a pista, este era máis difícil.
-Mmm.-Dixo Brea pensativo.-Se a última pista foi un personaxe, esta vez tamén o terá que ser.
-Si...-Dixo Sofía.-Pero...Quen ten un cabalo moi delgado?
-Alguén que atacara aos muíños...-Dixo Carlos.-Mmm.-Pensou.-Xa sei!
-Cal é?-Dixo intrigado Brea.
-Pois...-Dixo Carlos.-Ía estar ben claro! Pode ser Don Quixote da Mancha?
-Pode ser!-Dixo Uxía.-Pensou que os muíños eran xigantes, e os atacou, era un fanático dos libros, así se converteu en cabaleiro e...o seu cabalo Rocinante, que era tan delgado como un pau.
-Imos buscalo!-Gritou Brea a todo pulmón.
-Shhh.-Calou Uxía a Brea.-Estamos nunha biblioteca.
-Bo!-Lle respondeu Brea.-Non hai ninguén!
-Inda así...-Suspirou Uxía.
Os nenos tras isto foron a buscar o libro de Don Quixote, pero non o encontraron, pois resultou ser de que alguén o había collido prestado.
-Non pode ser!-Dixo Sofía.-Nunca sairemos de aquí! A pista estaba no libro!
-Ten que estar nalgunha parte!-Dixo Brea.-Hai que saír de aquí!
Houbo outro silencio, pero non estaban pensando, se non alarmándose, todos, menos Carlos, que buscaba unha solución...
-Pode estar no sitio onde debería estar o libro...-Pensou Carlos.-Vou mirar.
Máis tarde....
-Vinde!-Dixo Carlos.-Acaso non os acordades de quen colleu o libro?
-Non.-Dixo Uxía.-E creo que falo coa boca de todos; non o sei.
-Pois fuste ti!-Dixo Carlos.-E de seguro que aínda o tes na túa mochila.
-Vou mirar...-Respondeu Uxía aínda sen poder reaccionar.-Si que esta!
-De verdade.-Chuleouse  Brea.-Hai que estar máis atenta.
-Aquí esta a outra adiviña... -Dixo Uxía, que agora estaba lendo.-Príncipes e princesas, raíñas e magos, máis ningunha como esta dorme tanto.
-Vaia!-Dixo Brea.-E moi fácil, e a ``bela durminte ´´...
-Que raro, non?-Comentou Sofía.-Esta adiviña era moi fácil.
-Demasiado...-Pensou Carlos, pero non dixo nada.
Os nenos acabaron encontrando o conto, que, non tardaron pouco en encontrar a seguinte pista.
-Aquí está.-Dixo Brea.-A pista.
-Vou ler.-Dixo Carlos.-Agora decide ¿Que corre detrás dunha frauta? Quen intenta roubar ao pobo dos ratos e máis os lobos...Máis se os dou unha pista...Ao revés será: Nílemah...
-Será mais doado se desciframos a pista.-Dixo Uxía.
-Comeza por...-Dixo Uxía.-Por H.
-Despois segue con A.-Concretou Carlos.-Temos Ha.
-Despois a seguen M e E.-Seguiu co dilema Sofía.-Temos Hame.
-E rematamos con Í e con N.-Rematou Brea.-Temos Hamelín.
-É o frautista de Hamelín!- Adiviñou Carlos.-Imos buscalo.
Máis tarde os nenos o encontraron, estaba moi cerca deles, pois estaban na sección infantil, máis por a I que por a H,aínda así o conto comezaba por O.
-Vou ler a adiviña!-Dixo Brea.-Moi ben, xa estades listos para saír...Pero tendes que dicir á vez: Xa estamos fartos de estar na biblioteca. Déixanos saír bruxa vella!
E así o fixeron, houbo uns fallos, pois non o dicían á vez, pero tras uns minutos, máis ven uns segundos... Xa estaba!
De súpeto apareceu unha bruxa cuns tarros de mel, pero non levaba mel, se non que...Os personaxes dos contos que as pistas dicían as pistas.
-Ola Brea, Sofía,Carlos e Uxía.-Dixo a bruxa.-Adiviñades por que os e pechado aquí?
-Así que,fostes ti?-Preguntou Carlos.-Terás unha boa explicación.
-Si que a teño.-Respondeu a bruxa.-Agora os e de explicar. Os personaxes dos contos que estaban nas adiviñas se saíron deles.
-E que ten que ver con nós.-Dixo Sofía
-Pois ten un pouco.-Volveu a responder a bruxa.-Os escollín a vós para atopar os contos para volveren a meter.
-E agora que facemos?-Preguntou Brea.
-Pois tendes que darme os libros.-Respondeu outra vez a bruxa.
-Vale.-Dixo Carlos.-Toma, aquí os tes.
E así a bruxa cunhas palabras máxicas volveu a devolver a os personaxes a os seus libros, que agora xa están listos para o día do libro.
Fin.
                         Iria Conde, Maica Gómez e Andrea Del Valle  5ºB



mércores, 20 de abril de 2016

AS LETRAS SALTARINAS





As letras

SALTARINAS



Había unha vez...un conto,seguro que xa volo contaron,pero esta vez o faremos diferente...

Todo comezou no conto dos “Tres Porquiños”.O lobo decidiu facerse bo,e quixo cambiar as letras do conto,así cambiando de lugar as letras,podería facerse bo.Entón avisou a todas as letras, pero estas non aceptaron,e o mandaron a paseo.O lobo ao ver que non o axudaban o quixo facer polas malas.Cambiou de lugar as letras,pero ao collelas escurríronselles das mans,e como son moi saltarinas,foron saltando ata outro conto.Os tres porquiños saíron correndo detrás, pero non conseguiron chegar a tempo e  borráronse.

O lobo conseguiu saír a tempo e seguindo as letras chegou ata o conto de “Os Sete Cabuxiños”.No camiño encontrou a o lobo dese conto que tamén quería facerse bo.O lobo díxolle que o acompañara no seu viaxe.De pronto apareceu a nai dos sete cabuxiños e díxolles:

-Estou farta de que intentedes comer aos meus cabuxiños -díxolles a nai dos sete cabuxiños.
-Xa non queremos comernos máis aos teus fillos -dixo o lobo deste conto.
-Xa,xa,xa se queredes enganarme teredes que dicir algo máis crible – dixo a nai dos cabuxiños.
-É en serio,pódesnos ensinar a ser bos? -dixeron os dous lobos á vez.

En medio da conversación viron que as letras estaban saíndo do conto e que ían desaparecer,entón saíron correndo e as letras deste conto saíron detrás deles.Os lobos saíron detrás de todas as letras e a nai e os sete cabuxiños desapareceron.Pasaron ao seguinte conto “Carrapuchiña Vermella”.Nese conto encontráronse ao lobo deste lugar,quen tamén quixo ser bo.Os outros lobos aceptaron con entusiasmo.Carrapuchiña pasaba polo bosque cando viu tres lobos:

-Ahhh!!! Tres en un!!!Que facedes aquí? -dixo Carrapuchiña, asustada.
-Agora imos portarnos ben con todos -dixo o terceiro lobo.
-E eu mo creo -dixo Carrapuchiña.

Entón viron pasar ás letras saltarinas e correron tras elas,pero Carrapuchiña non puido pasar e borrouse.

Saíron do conto ata a vida real,non sabían onde estaban era un sitio onde había moitos libros en estantigas,ao estar alí comezaron unha discusión:

-Perdémolas,pola túa culpa! -dixo o primeiro lobo.
-Non foi culpa miña! -dixo o segundo lobo.
-Non foi culpa de ninguén,as letras non escaparon deben estar por aquí cerca -dixo o terceiro lobo.
-Mirade!Están alí! -dixo o segundo.

Os lobos foron correndo a buscar as letras que estaban dentro dunha mochila dunha nena.Foron correndo as colleron  e ... apareceron cada quen no seu conto e todo volveu a súa normalidade,salvo que os lobos xa non aparecían como malos se non como amigos.

FIN
Noa Diz,Lola Gómez e Malena Sanz 5ºB
 

venres, 19 de febreiro de 2016

LETRAS GALEGAS 2016 : MANUEL Mª FERNÁNDEZ TEIXEIRO




         
   
   
LETRAS GALEGAS 2016
Manuel  Mª Fernández  Teixeiro
BIOGRAFÍA (1929-2004)
- En 1929: Nace  en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929. Fillo de Antonio   Fernández Núñez e Pastora Teixeiro Casanova (familia labrega acomodada). Cursou o primeiro ensino en Rábade.
 - En 1943: mórrelle o pai o 2 de maio de 1943, Manuel María trasladouse a vivir a Lugo co seu tío Xosé Fernández.  Fixo bacharelato no Instituto Masculino e no colexio dos Maristas de Lugo. Nesa época estivo en contacto con personalidades como Uxío Novoneyra, Luís Pimentel, Celestino Fernández de la Vega, Ánxel Fole, Álvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero e Aquilino Iglesia Alvariño. 
- En 1951 matricúlase en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela.
- En 1952, formou a Editorial  Xistral en Lugo.
- En 1954, gañou os Xogos Florais de Ourense e coñeceu algúns dos máis importantes intelectuais ourensáns: Cuevillas, Antón Tovar ou Vicente Risco.
- En 1957, acadou o título profesional de Procurador, que o levou a comezar o exercicio da súa profesión en Monforte.
- En 1958, xa instalado en Monforte, con Saleta, publicaron a colección Val de Lemos, onde viron a luz poemas de Luz Pozo, Carballo Calero, Pura Vázquez ou Cabanillas.
- En 1959, casou no mes de maio con Saleta Goi García, unha muller que o acompañou en na maior parte dos seus proxectos e a quen o poeta quixo citar ao longo da súa obra.
- En 1968, naceu Nova Canción Galega, un movemento musical de especial relevancia na nosa historia que foi presentado polo escritor no Cine Capitol de Compostela o 1 de decembro. A partir daquela, Manuel María converteuse nun dos poetas máis cantados polos grupos galegos marcadamente antifranquistas e galeguistas. Nos anos sesenta e setenta a poesía e a narrativa de Manuel María avanzou desde unha voz existencialista ou pesimista cara ao compromiso social, canalizando unha resposta nacionalista ao franquismo.
- En 1970, Manuel María e Saleta abriron en Monforte a Libraría Xistral, entendida ,  máis que coma unha tenda, coma centro de dinamización cultural.
- En 1976, A diversidade nos xéneros que practicou recoñeceuse ao gañar o I Concurso de guións cinematográficos de Nós. Ademais da literatura, escribiu ensaios sobre Bouza Brey, Celso Emilio Ferreiro, Gabriel Aresti ou Crecente Vega. E publicou centos de artigos e algunhas pezas de teatro en xornais e revistas galegas ou de fóra como El Ideal Gallego, El Correo Gallego, El Progreso, Grial ou A Nosa Terra, onde escribiu baixo o pseudónimo Manuel Hortas Vilanova.
- En 1977, presentouse de número un na lista do BN-PG ao Senado por Lugo. Asemade, nas primeiras eleccións municipais tras a ditadura foi escollido concelleiro polo BNG en Monforte. Mais tarde chegou a ruptura coa UPG-Liña Proletaria liderada por Ferrín, que concluíu coa continuidade de Manuel e Saleta na UPG.
- En 1987,  foi nomeado fillo adoptivo de Monforte.
- En 1995, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega dedicoulle unha homenaxe no Teatro Rosalía de Castro da Coruña(15 de setembro).
- En 1997, a Asociación de Escritores en Lingua Galega organizou(maio) en Outeiro de Rei a homenaxe "O escritor na súa terra" que supuxo a plantación dun carballo, o descubrimento dunha pedra conmemorativa e a inauguración dunha rúa co nome do poeta. Outros lugares coma Lugo, Monforte ou A Pobra do Caramiñal, contan tamén cunha rúa na súa honra.
- En 1998, trasladouse a cidade da Coruña, onde viviu ata a súa morte.
- En 1999 o poeta, xa asentado na Coruña, foi na lista do BNG ás eleccións europeas que supuxeron a designación do primeiro deputado nacionalista no Parlamento de Estrasburgo.
- En 2003,  ingresou o 15 de febreiro na Real Academia Galega (a proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín)  co discurso “A Terra Chá: poesía e paisaxe”.  
- En 2004, morreu na Coruña o 8 de setembro.

BIBLIOGRAFÍA

Obra poética
Muiñeiro de brétemas. Pontevedra: Gráficas Torres, 1950.
Cinco pequenos poemas. Lugo: Antonio de Ron, 1951.
Morrendo a cada intre. Lugo: Imp. La Voz de la Verdad, 1952.
Advento. Bos Aires: Ed. Galicia do Centro Galego de Bos Aires, 1954.
Terra Chá. Lugo: Celta, 1954.
Libro de cantigas. Lugo: [s.n.], 1955.
Documentos personaes. Lugo: Celta, 1958.
Libro de pregos. Lugo: Celta, 1962.
Mar Maior. Vigo: Galaxia, 1963.
Versos frolecidos en louvanza de Foz. Foz: Bahía, 1967. Primeiro premio e 'frol natural' nos primeiros Xogos Florais de Foz, celebrados en 1966.
Proba documental. Monforte de Lemos: Fénix, 1968.
Versos pra un país de minifundios. Bos Aires: Nós, 1969.
Versos pra cantar en feiras e romaxes. Montevideo: Patronato da Cultura Galega, 1969.
Remol. Bos Aires: Nós, 1970.
Canciós do lusco ó fusco. Monforte de Lemos: Xistral, 1970.
Noventa e nove poemas de Manuel María. Razão Actual: Porto, 1972.
Odes num tempo de paz e de alegria. Razão Actual: Porto, 1972.
Aldraxe contra a xistra. Xenebra (Suíza): Roi Xordo, 1973.
Informe pra axudar a alcender unha cerilla. Montevideo: Patronato da Cultura Galega, 1973.
Laio e clamor pola Bretaña. Xenebra (Suíza): Roi Xordo, 1973.
Seis pétalos de rosa en xeito de retrato. Ed. do autor, 1973. Asinado co pseudónimo Xohán Carneiro.
Cantos rodados para alleados e colonizados. Monforte de Lemos: Xistral, 1976.
Poemas ó outono. Monforte de Lemos: Xistral, 1977.
Poemas para construír unha patria. Santiago de Compostela: AN-PG, 1977.
O libro das baladas. Santiago de Compostela: Follas Novas, 1977.
Catavento de neutrós domesticados. Lugo: Alvarellos, 1979.
Poemas da labarada estremecida. Monforte de Lemos: Xistral, 1981.
Versos do lume e do vagalume. Ourense: Galiza Editora, 1982.
Cantigueiro do Orcellón. O Carballiño: A. C. Avantar, 1984.
A luz ressuscitada. A Coruña: AGAL, 1984.
O camiño é unha nostalxia. A Coruña: Arrancada, 1985.
Poemas da labarada estremecida. Monforte de Lemos: Xistral, 1985.
Oráculos para cavalinhos-do-demo. Ourense: Caixa Ourense, 1986.
Ritual para unha tribu capital do concello. Ourense: Follas Secas, 1986.
As lúcidas lúas do outono. A Coruña: Vía Láctea, 1988.
Sonetos ao Val de Quiroga. Quiroga: Concello de Quiroga, 1988.
Saturno. Barakaldo: A. C. Rosalía de Castro, 1989. Ed. Bilingüe galego-éuscaro.
Cancioneiro de Monforte de Lemos. Monforte de Lemos: Concello de Monforte, 1990.
Homenaxe ao regato do Cepelo. Ed. do autor, 1990.
Compendio de orballos e incertezas. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1991.
Hinos pra celebrar ao século futuro. Santiago de Compostela: Ed. Compostela, 1991.
Panxoliñas. Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos, 1992.
Antoloxía poética. A Coruña: Espiral Maior, 1993.
Poemas a Compostela. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1993.
A primavera de Venus. A Coruña: Espiral Maior, 1993.
Cantigas e cantos de Pantón. Pantón: Concello de Pantón, 1994. Editor literario.
Poemas para dicirlle a dúas lagoas. A Coruña: Espiral Maior, 1994.
O Miño, canle de luz e néboa. A Coruña: Espiral Maior, 1996.
Antoloxía poética. Vigo: AS-PG/A Nosa Terra, 1997.
Sonetos á casa de Hortas. A Coruña: Espiral Maior, 1997.
Cantos, coplas e romances de cego. Lugo: Ophiusa, 1998.
MiniEscolma. Ed. do autor, 1998.
Brétemas do muiñeiro. Pontevedra: Colección Hipocampo Amigo, 2000.
Camiños de luz e sombra (2000).
Obra poética completa I (1950-1979) e II (1981-2000). A Coruña: Espiral Maior, 2001.
Elexías á miña vida pequeniña. Vilalba: Instituto de Estudos Chairegos, 2004.
Poemas escollidos. Outeiro de Rei: Casa-Museo Manuel María, 2015.
Obra narrativa 
Contos en cuarto crecente. Lugo: Celta, 1952.
O xornaleiro e sete testemuñas máis. Bos Aires: Ed. Galicia do Centro Galego de Bos Aires, 1971.
Kricoi, Fanoi e Don Lobonis. Vigo: Castrelos, 1973.
Os ontes do silencio. A Coruña: Nova Galicia, 1990.
Novena a Santa Isabel, por un devoto de Outeiro de Rei. Guitiriz: Asociación Cultural Xermolos, 1995.
Historias do empardecer. Santiago de Compostela: Laiovento, 2003.
Obra dramática 
Auto do labrego: a Ramón Patiño, amigo, pintor e poeta, e mais que nada, galego. Porto: Escola tip. da oficiana de São José, 195?.
Auto da costureira. Bos Aires: Hogar Gallego para Ancianos, 197?.
Auto do taberneiro. 4 ventos. Monforte de Lemos: Xistral, 1970. 2ª ed.
Auto do mariñeiro (brevísima farsa dramática en tres tempos). Monforte de Lemos: Xistral, 1970.
Barriga verde. Vigo: Castrelos, 1968.

Auto trascendental do ensino tradicional (1979).
Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela.  Monforte de Lemos: Xistral, 1981.
"Auto do Maio esmaiolado", en Cadernos da Escola Dramática Galega, 1985.
Abril de lume e ferro. Carral: Concello de Carral, 1989.
Auto do Castromil ou a revolución dos baúles. Santiago de Compostela: Castromil, 1992.
Farsa de Bululú. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1992.
A lúa vai encoberta. Vigo: Diario 16 de Galicia, 1992.
Edipo. A Coruña: Universidade da Coruña, 2003. Edición de Miguel Anxo Mato.
 
Obra infantil e xuvenil
Os soños na gaiola: (versos pra nenos). Lugo: Cartonajes ANMI, 1968.
Viaxes e vagancias de M. P. Vigo: S.M., 1994.
As ribeiras son escuras. A Coruña: Everest Galicia, 1997.
O bigote de Mimí. A Coruña: Everest Galicia, 2003.
As rúas do vento ceibe. Monforte de Lemos: Xistral, 1979.
A tribo ten catro ríos. Vigo: S.M., 1991.
Unha sombra vai polo camiño. Como desapareceu a Atlántida e apareceron os lagartos. Vigo: Xerais, 1991.
Cando o mar foi polo río. Vigo: S.M., 1992.
Novos contos para nenos. [Galicia]: Citania, 1992.


Obra ensaística 

Notas en col da poesía de Fermínn Bouza-Brei. A Coruña: Real Academia Galega, 1958.
Noticia da vida e da poesía de Xosé Crecente Vega. Coimbra: Facultade de Letras da Universidade de Coimbra, 1968.
Noticia da poesía galega de posguerra.  Lisboa. 1972, Sociedade da Língua Portuguesa).
Homes, feitos e palabras. Santiago de Compostela: El Correo Gallego, 1996.
A Terra Chá: poesía e paisaxe. A Coruña: Real Academia Galega, 2003. Discurso lido o día 15 de febreiro de 2003, no acto da súa recepción na Real Academia Galega.
Andando a Terra. Vigo: A Nosa Terra, 1990.  Escolma dos artigos publicados no xornal A Nosa Terra co pseudónimo Manuel Hortas Vilanova, ao coidado de Miguel A. Mato Fondo e Mª Pilar García Negro.
Memoria da terra: prosa xornalística escollida. Outeiro de Rei, Casa Museo-Manuel María, 2015.

 


CARA A TI
Vou a ti decote cada día
co ollar enmallado nunha nao
que o vento desfiaña pouco a pouco
na espuma dorida do teu peito.
E brillas nesa espuma
sedenta dunha luz tremelucente
que escintila nunha bágoa xa ferida
na manteliña prateada dunha estrela.
Vou a ti, sedento de saloucos
e de brétemas,
depenicando alalás entre a follaxe
acesa por folerpas que fuxían
no afiado coitelo do sorriso.
(Non debullo lonxanía polo ermo
nin o vento morno me desvía).
Vou a ti deixando nun luceiro
unha vella ronseira que se afoga
nun estraño fío prateado
que garda un chirlo amorosiño.
Ollo fuxir cara o nordés un pensamento
que vai só para ti, para que che diga
a mensaxe calada dun retorno.

 Luís Otero Cebral (Coordinador do EDL- CEIP Concepción Arenal)





mércores, 3 de febreiro de 2016

O MELLOR DÍA DO ANO


O mellor día do ano

O mellor día do ano foi o da paz,pasoume algo estraordinario.
Aqui vos conto todo.
Todo empezou naquel parque onde conocín a pomba da paz.
Eu leveina a casa como faria todo o mundo.
Bueno, non vou adiantar acontecementos,todo empezou no parque.
Eu fún cun amigo chamado Adrián.
Adrián queria ir aos columpios e fomos.
Pero cando chegamos había unha pomba moi grande.
Adrián dixo: Parece que se lle rompeu a á.
Eu dixenlle que había que axudala e el dixo que non,que había que matala para que non lle doera máis.
Pero eu ignoreino e fun a miña casa coa pomba.
Eu dixelle a miña nai se podía curala e a miña nai dixo que sí.
Cando se curou solteina pero ela non moveu nin a pata,pero eu vin que me estaba falando.
Díxome que por curala me ía a converter no rei da paz e de aí, fun o que repartin felicidade por todo o mundo.
Oxala puidera volvela a ver.
Mario Pérez Galego 5ºB

luns, 1 de febreiro de 2016

O DÍA DOS AMIGOS


O día dos amigos.

-Vinde nenos!-Dixo o seu avó Xoán.-Boubos contar unha historia de cando eu era pequeno, máis ou menos foi... o día dos santos inocentes .
E o avó Xoán contou esta historia:
Todos nos odiábamos, case todos eramos grupos de seis ou sete persoas; estabamos María, Pedro, Raquel, Uxía, Xabier e eu,estabamos no recreo mirando aos nosos inimigos o grupo dos chivatos ; estaban facendo o de sempre, chivarse dicindo mentiras dos outros. Unha vez fixeronnos unha xogarreta, dicindo de que nós estábamos... Copiando nun exame! Estivemos castigados dous días sen recreo, pero non foi a única vez.
Cando nolas facían a diario, pensabamos en facerlle unha pequena broma. Collemos un plano do bosque, poñeríamos ao lado da mesa da directora , xa que os chivatos van a diario alí. O deixaríamos a súa vista,entón non se resistirían a collelo.
-Moi bo plan!- Dixo Xoán con alegría- A xogarreta estará lista o mércores na excursión ao bosque.
-Xa os temos no bote! Dixo Raquel case sen respirar.

Capítulo 2.
A gran xogarreta.

-Xa o colleron!-Dixo Pedro co corazón a cen.-Van picar!
-Un tesouro! Un tesouro!- Dixo o xefe dos chivatos case sen crelo.-Un tesouro no bosque!
-Non creo que haxa un tesouro.-Dixo a man dereita do xefe dos chivatos.-Aquí houbo ruínas, pero un tesouro...que infantiis sodes.
-Non, teñen que picar!-Se lle escapou a María.
-Ahhh, con que nos queren gastar unha broma?-Dixo o xefe dos chivatos, acabando de descubrir o que estaban tramando.- Pois nos faremos outra, mellor, moito mellor!

Capítulo 3.
O infiltrado.

-Cala a boca, María!- Dixeron Perdo, Raquel, Uxía, Xabier e Xoán intentando calar a boca da súa amiga.- Xa o saben!
-E vannos facer unha peor!-Dixo Uxía asustada.
-Teño unha idea!-Respondeu Xoán.-Faremos que nos pelexamos tanto con María que ela acaba índose ao grupo dos chivatos e investigará a súa xogarreta.
-Perfecto!-Raquel, Pedro, María, Uxía e Xabier dixeron admirados pola idea do seu amigo.
-Raquel! Non me copies que aínda que sea o teu irmán xemelgo non nos lemos as mentes!- Dixo Xabier enfadado.
-E! Xabier, non te metas coa miña mellor amiga!-Dixo María co mesmo ton de voz que Xabier.
-Si, si. Non te metas María!-Dixo Xabier chuleándose.
-E! A miña noiva non a trates así.-Dixo Pedro intentando defender a María.
A súa vez Xoán e Uxía asentiron.
-Parade! Non vedes como os estades pelexando?-Dixeron Xoán e Uxía a vez.
-Pero...está ben! Perdóame Xabier.- Dixo María.
-Se non hai máis remedio... perdón Raquel, María e Pedro. - Dixo Xabier un pouco avergonzado.
-Perdoado.-Dixeron María e Pedro á vez.
-Veña, haberá que facer o meu plan!-Dixo Xoán cansado da anterior pelexa.-Non? Que... Levamos toda a mañá pelexando!
-A facer o plan!- Dixo María tanto asustada como animada.

Capítulo 4.
O plan mestre, pero por pouco tempo.


-María, eres tonta! Idiota e que sabemos máis...- Dixeron Xabier, Xoán, Pedro, Raquel e Uxía.
-Pois se non me queredes, márchome, xa non son a vosa amiga!- Dixo María actuando como se estivera moi enfadada.
-E mellor amiga tampouco!- Dixo Raquel con forza. Claro que non!- Dixo María actuando.-Como ía ser amiga dunha persoa tan tonta!
-E de noivos tampouco!- Dixo Pedro sen crerse o que dixo.-E... Por certo, o teu veso e como se me o houbera dado un can! Ai! Perdón! Se estou insultando a os cans!
-Pois tampouco deberías haberme invitado ao cine e haberme vesado tamén!- Dixo María mentindo o máximo posible.
-Xa está ben María,- Dixo Uxía- Fóra de aquí!
E María foise onde os chivatos. O xefe de eles díxolle cousas moi feas dos seus amigos , pero ela asentiu como se nada.
Odio a eses nenos!- Dixo María gritando diante do xefe.- Podo ir con vós?
-Si! Benvida - Dixo o xefe dos chivatos encantado.-Eses nenos.... Non sei como te deixaron que unha rapaza como ti se fóra.
-Ammmm, non fai falta de que me teñas tanto aprecio Antonio.-Dixo María.
-Ven ao cine comigo.-Lle respondeu sen facer caso Antonio.
-Non!-Dixo María decidida.- Teño que pensar un plan para destruír a eses nenos!
-Pois nos xa temos un!- Dixo Antonio admirado polas palabras de María.-Ven esplicaremoscho!
-Conta hasta o último detalle.- Dixo María alegrada de que o plan saíse ben.
María foise a súa casa, e chamou polo Lowi aos seus amigos para contarlles todo;
-Xa o sei todo sobre o seu plan!- Dixo María feliz.
-Perfecto! Conta, conta!- Dixeron todos a vez.
-Pois....- Empezou María a relatar.
E María lles contou de que ían ao seu refuxio secreto e ían a invocar fantasmas. Que nos asustarían día e noite.

Capítulo 5.
Invocación de fantasmas, desastre mundial.

Veña María- Dixo Antonio animado.- Imos invocar aos fantasmas.
E despois de gritos e danzas chamadas rituais, saíron unhas nubes de fume grises. Eran os fantasmas!
-Téñome que ir- Dixo mentindo María.
-Vale, pois vete.-Dixo Antonio sen dubidar nada da súa nova amiga.
-Deica logo!- Dixo María asustada, pero disimulando.
María foi en bicicleta a reunirse cos seus amigos, e lles contou todo o sucedido.
-Non existen os fantasmas!-Dixo Xoán seguro do que dicían.-Seguro que saben o de que estivemos actuando e que era todo unha broma.
-Pero eu o vin!- Dixo María asustada.-Había fume, fantasmas....
-Uhhhhhhhhhh- Dixo un fantasma cando rematou María.
-Que... é iso?- Dixo Xabier temoroso.
-Fan.-Dixo María sen palabras-
-Tas.-Proseguiu Raquel.
-Mas!-Rematou Uxía.
-Correde- Dixo Pedro con medo.
E correron ata as aforas da cidade, onde non hai fantasmas.
Pero...o plan non saíu ben,xa que non só nos perseguían a nós, ata a os chivatos os perseguían!
-María, máis vas pagar!- Dixo Antonio enfadado.-Pensaba que eras dos nosos!-
-Mentín- Chuleouse María.
-Proseguiu o fantasma.
-Deberíamos ir ao lugar onde se invocaron os fantasmas.- Dixo inseguro Pedro.
-Veña, vamos- Rematou Uxía con presa.
-Necesitamos a nove persoas para que se acaben os fantasmas!-Dixo Antonio asustado.
-Somos nove!- Dixo asustada Raquel.
-Pois a que esperamos!-Dixo Pedro asustado.
E bailaron entre todos,pero...non só traxemos a PAZ ao mundo,se non que tamén nós
fixemos amigos os nove!
-Os gustou netos meus?-dixo Xoán o seu avó.
-Si!-Dixeron a vez os netos de Xoán:Irene, Álvaro, Nicol e Cora.
E ese día se nomeou como o día dos amigos.
Maica Gómez, Andrea del Valle e Iria Conde. 5ºB.

QUÍTATE A MÁSCARA


QUÍTATE A MÁSCARA

Quítate a máscara
e o entroido acabará,
se a volves poñer
o entroido volverá.

Disfrázate,divírtete
e o entroido ganará,
con todas as sorrisas
que poidas imaxinar.

Disfrázate de verde,
disfrázate de azul,
disfrázate de verme
e,ata de abedul.

Disfrázate en equipo
disfrázate ti só
disfrázate con amigos
disfrázate sen temor.

Noa Diz e Lola Gómez 5ºB